Escapada de spa a Pantón.

Este domingo decidimos aproveitar unha das primeiras nevadas da tempada para achegarnos ao Cebreiro e que Antón puidera xogar un pouco na neve. Unhas baixadas no trineo, unhas pelexas de bolas e un boneco despois seguimos recorrido polo Courel e fomos achegándonos cara Pantón onte tiñamos reservado hotel.

Comimos na Rectoral de Castillón. Non era a nosa primeira opción pero coma o sitio onde iamos estaba cheo decidimos probar e menos mal! Menudo descubrimento! Se trata dunha casona tradicional amurallada nunha bonita finca entre bosques. O comedor ben decorado e cuns fornos antigos de pedra.


Pedimos ensalada de ventresca e pescada rechea de gambas en salsa de langostinos. De postre, filloa con xeado de chiculate. Moi rico todo! E a Antón regaláronlle unha piruleta caseira de chiculate de nadal. Moi atentos no servizo. Os pratos, o postre e dúas bebidas foron uns 27 euros.



Para cear, agora si había sitio, fomos a Casa Antonio en Goián, que xa coñeciamos doutra vez. Unha parrillada de pobo coa súa tenda-bar de toda a vida. A atención é próxima, non hai menú, dinche todos os pratos de carreira sen saber prezo nin nada, pero non teñades medo que logo son moi apañados. Nós pedimos dúas de polo á brasa, un chorizo criollo e dúas bebidas. Uns 15 euros.

fonte: web.

E para durmir quedamos no Oca Augas Santas. Xa fomos varias veces antes e sempre é unha boa opción para voltar (cando se atopa unha boa tarifa na web claro!). No spa hai horario infantil (ata as 18 h) e as fins de semana teñen un área para peques con monitores. 

Aforrando:
- Aluguer de coche con Avis. Boa tarifa e suma de Avios.
- Hotel con Booking. Bo prezo e dende páxina de Cashback.

Comentarios