Waze, un GPS en galego.

A finais do ano pasado instalamos o Waze, un navegador que inclúe o galego como língua nas súas orientacións.

As veces que o probamos non tivemos problema ningún e funcionou correctamente, as orientacións foron precisas e as direccións ben situadas.

Inclúe avisos en tempo real doutros conductores e os mapas son actualizados de xeito constante.

O único problema é que é un navegador online, así que tede en conta que o seu uso no estranxeiro pode aumentar moito os gastos da tarifa de datos.

Pódese desacargar na App Store ou Google Play.

Máis info do seu funcionamento: youtube.

Comentarios