Rosalía de Castro.

Hoxe Rosalía de Castro é nova por dous temas relacionados cos avións.

Por unha banda, o Ministerio de Fomento accedeu ao cambio de denominación do aeroporto SCQ para Aeroporto Internacional Rosalía de Castro - Santiago de Compostela - Lavacolla. Sen dúbida unha boa nova para o aeroporto, sobre todo porque ata agora o que ve na fachada o turista que chega é unhas enormes letras anunciando o Aeropuerto de Santiago. Santiago de que? De Chile? Agardamos que agora polo menos completen o nome enteiro da cidade.

Por outra banda, Norwegian ven de anunciar que van incluír a imaxe de Rosalía nun dos seus novos avións. Como indican dende a compañía, elixiron á escritora porque: "Rosalía recuperou o galego como língua de cultura cando, no século XIX, era un idioma rexeitado pola burguesía local, foi a bandeira do Rexurdimento; ademais, foi pioneira do feminismo, un papel se cadra menos coñecido, pero tamén defensora dos máis desfavorecidos e dos labregos de Galicia". Coma sempre teñen que vir de fóra a recoñecer o noso...

Máis info aquí.

Comentarios